Leia mais
Bauru/SP: Entrevista da semana: Marquinhos, herdeiro de uma tradição
Forte de Santa Maria ganha nova pintura
Rio Claro/SP: Arquivo do Município lança 'Cadernos Azuis' em Baile de Máscaras hoje na Philarmônica
Campo Grande/MS: Após abandono, casa histórica é restaurada
Conselho Consultivo do Iphan reúne-se no dia 07 de dezembro em Santos (SP)
Painel
Painel

 
Espanha: O noso patrimonio inmaterial
M.A. Laxe Freire. Galicia Hoxe (Espanha)
dezembro/2005
 
O recente non recoñecemento do patrimonio galego-portugués por parte das autoridades da Unesco deixounos a todos con bastante mal sabor de boca, e sobre todo cando estabamos convencidos de que a nosa cultura de tradición oral é un tesouro da civilización occidental.

En realidade, a concesión dun premio, por moi xusto e merecido que sexa, obxectivamente, non lle confire maior nin menor valor á obra premiada. Desta volta, a obra destinataria do premio era unha realidade bastante complexa e mesmo abstracta.

Malia que non se conseguiu o resultado apetecido, en calquera caso, considerouse como un triunfo que permitiu dar a coñecer a herdanza cultural, oral e inmaterial que comparte o pobo galego-portugués.

Cando falamos dunha herdanza cultural inmaterial é de supoñer que haxa tamén outra herdanza cultural material. Pero como as dúas son obra da intelixencia humana, nun principio, teremos que diferencialas polo soporte material no que se expresan, pero aínda así, sempre existirá entre elas grandes semellanzas e interrelacións entre as mensaxes e significados que levan implícitos...

Para ler o artigo na íntegra, clique: