Leia mais
Itália: Pesquisador italiano denuncia desaparecimento de peças de bronze
Salvador/BA: Patrimônio histórico está abandonado
Para revolucionar a idéia de museu
Samba-de-roda é Patrimônio da Humanidade
Ouro Preto/MG: Vila rica de cinema
Painel
Painel

 
Espanha: A Xunta cre que a candidatura puxo en valor a tradición oral galegoportuguesa
El Ideal Gallego (Espanha)
novembro/2005
 
O Goberno galego considera que, aínda que este ano non se logrou o recoñecemento, todo o traballo realizado para a difusión desta riqueza compartida supón un éxito.

No acto celebrado onte en París, a Unesco deu coñecer 43 novas declaracións como Obras Mestras do Patrimonio Inmaterial da Humanidade, entre un total de 64 candidaturas presentadas en representación de todo o mundo.

Finalmente, foi a festa do Patum de Berga a única peninsular que se alzou, xunto con outras 42 propostas, con este recoñecemento internacional.

A decisión foi seguida, en París, polo vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana; pola conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, e o secretario xeral de Emigración da Xunta, Manuel Luís Rodríguez, ademais de Santiago Veloso, principal impulsor da candidatura en Galicia promovida pola asociación Ponte ... nas ondas!

Inicialmente a noticia da non designación foi recibida cun pouco de decepción , segundo recoñeceron os responsables da Xunta, pero ese primeiro momento transformouse en satisfacción polo traballo desenvolvido en todo este tempo.

Ánxela Bugallo explicou que a análise que se fai desta experiencia é positivo , xa que o éxito é todo o camiño realizado a partir dunha proposta que xurdiu da sociedade civil ­a asociación Ponte... nas ondas!­ e coa que se logrou poñer sobre a mesa a necesidade de volver valorar todas as tradicións orais que comparten Galicia e Portugal .

Para ler o artigo na íntegra, clique: