O soño do patrimonio inmaterial galego-portugués de ser Obra Mestra da Humanidade non se fixo realidade onte en París. A Unesco deixou fóra á candidatura multinacional a pesar de recoñecer o seu valor educacional e de convidala para continuar o camiño nun acto no que estaban presentes a conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, o secretario xeral de Inmigración,...
...Manuel Luís Rodríguez e o presidente da Asociación Ponte nas ondas! e promotor da iniciativa, Santiago Veloso.
Todos eles concluíron que chegar ata aquí foi un triunfo que permitiu dar a coñecer a herdanza oral e inmaterial galego-portuguesa e abre unha vía para a súa revalorización e conservación.
Das 64 candidaturas foron 43 as afortunadas que se converteron en patrimonio inmaterial da Unesco e entre elas a catalá, Patum de Berga.
A gaita de Harold que veu en coche dende Porriño soaba e todos bailaban na sede da Unesco porque xa foi un éxito chegar á final, coincidían en afirmar todos os convidados, entre os que se atopaba, o ex eurodeputado Camilo Nogueira.
Mentres, o xurado da Unesco explicaba á prensa as razóns polas que o patrimonio galego-portugués quedou fóra. A presidenta, a princesa de Xordania, Bint Tabal recoñecía "o valor impresionante" da candidatura galego-portuguesa pola súa estreita "relación na educación dos nenos" e cualificou de "exemplo de boas prácticas a iniciativa", porén o director do patrimonio histórico de Brasil, Antonio Arantes, explicou que "a candidatura quedou retida dende o principio porque non cumpría o criterio que defende a Unesco" de resaltar "un valor cultural específico" e criticou que "fora tan ampla xeograficamente"...
Para ler o artigo na íntegra, clique: A Unesco deixa sen recoñecer o patrimonio galego-portugués
|