Leia mais
Arqueologia: Escavações no Varadouro revelam peças do período colonial
Igreja Matriz de São Vicente: reinício dos trabalhos de restauração
São Paulo/SP: Masp: Conselho do museu se reúne para avaliar crise
Plano de revitalização da Rua Chile e Montanha
João Pessoa/PB: Fontes antigas mantêm a beleza colonial
Painel
Painel

 
Galegos e portugueses preparan
ABD (Espanha)
novembro/2005
 
SANTIAGO. As comunidades galegas e portuguesas en París prepáranse para celebrar unha gran festa o próximo venres 25 de novembro, coincidindo coa proclamación das Candidaturas do Patrimonio Inmaterial pola Unesco, ante as boas expectativas con que conta a Candidatura Galego-Portuguesa.

Onte mesmo remataron na capital francesa os últimos actos de promoción deste proxecto por parte dunha delegación da Comisión promotora da Candidatura integrada por Santiago Veloso, Presidente da asociación Ponte...nas Ondas!, Lourdes Carita, Promotora da Candidatura en Portugal, Luísa Márquez, Coordinadora das Escolas Asociadas á UNESCO en Galicia, Luís Bará, Director Xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia e Ana Miranda, voceira do BNG no Parlamento Europeo.

Nun encontro coa xunta directiva do Centro A Nosa Casa de Galicia en Paris, expuxeron de xeito detallado esta Candidatura.

O venres pola tarde tiveron lugar os dous últimos actos de presentación da Candidatura do Patrimonio Inmaterial Galego-Portugués. O primeiro desenvolveuse no Instituto Camoes de Paris. O acto foi presidido por Fátima Ramos, Conselleira de Cultura da Embaixada de Portugal, e asistiu tamén Antonio Cotrim representante da Embaixada ante a Unesco.

Posteriormente a Comisión promotora trasladouse ata o Instituto Cervantes, onde ante unha nutrida representación das comunidades galegas e portuguesas en Paris, Santiago Veloso, Lourdes Carita, Luísa Márquez e Luís Bará explicaron os pormenores da Candidatura que opta a ser recoñecida coma Obra Mestra da Humanidade pola Unesco o próximo venres 25 de novembro. Seguiuse a mesma pauta que nos actos celebrados en Madrid, Santiago, A Coruña ou Lisboa.

Amais das intervencións proxectouse o vídeo da Candidatura remitido «á Unesco co título «Un Patrimonio para o futuro», e os asistentes puideron coñecer tamén o vídeo-clip do tema central de «Meniños Cantores». O actor galego Carlos Blanco foi o responsable de conducir este ano no que interveu a artista galega Mercedes Peón, interpretando temas tradicionais. Estivo presente tamén o grupo de gaitas da Casa de Galicia en París...

Para ler o artigo na íntegra, clique: